top of page
catedral
5 ofixcina
ge aula
mestra gege 1
2a
2d
Roda Maio 4_edited.jpg
ced68e57-0a37-4297-bf23-9f299e0d3c07
275a2bd2-1edc-4775-9678-815b6213a495
DÁMOSCHE A BENVIDA!

Noso Grupo ofrece clases abertas a todas as idades, tendo como obxectivo preservar a orixinalidade e filosofía, tanto deportiva como cultural, da CAPOEIRA ANGOLA a través do ensino teórico e práctico da mesma.

 

Unha das misións tdo grupo é o de dar continuidade ás tradicións da Capoeira Angola seguindo a referencia de Mestre Pastinha.

 

Facémolo realizando investigacións e intercambios, dando a oportunidade ao alumnado de entrar en contacto, aprender e gozar desta manifestación cultural aínda pouco coñecida na Galicia porén de gran importancia no contexto cultural brasileiro.

 

A parte de movemento físico está orientada ao desenvolvemento das capacidades e habilidades instrumentais do corpo, co obxectivo de aumentar e perfeccionar as posibilidades do movemento, afondando no coñecemento e dominio da conduta motora como axente activo do comportamento humano. Esta conduta depende de tres variabades fundamentais: o propio Corpo, o Espazo e o Tempo. Así o Corpo, Espazo e Tempo van constituír os eixes básicos da acción educativa nesta parte ou área.

 

No plano persoal, a aprendizaxe da Capoeira Angola é un proceso de reinterpretación e reintegración do eu-creativo, comprendendo un camiño de crecemento. A través da Capoeira desenvolvese a autoestima, pois a partir dela aprendemos a afrontar os propios límites, a flexibilizar crenzas e conviccións, a respectarnos, a ter coraxe, disciplina e paciencia. A Capoeira transforma a maneira como nos vemos, abrindo camiños para a conquista da alegría de vivir e da liberdade, sendo, por tanto, un instrumento de importancia educativa indubidable.

 

Traballamos xogando con actividades físicas estabelecendo relacións equilibradas e construtivas co grupo, aceptando as limitacións propias e as alleas, valorando a riqueza das diferenzas persoais e evitando a discriminación en función das características persoais , sociais ou de xénero.

 

Aprendemos por tanto relacionarnos, compartindo xogo, actividades físicas e estabelecendo vínculos de respecto.

roda-de-capoeira-1200x800.jpg

CAPOEIRA ANGOLA

A capoeira é unha rica expresión cultural que foi desenvolvida no Brasil pola comunidade africana e a súa descendencia como forma de loita pola liberdade e resistencia ao sistema escravista. Ela ten súa orixe nun ritual practicado polo pobo Bantu , ao sur de Angola. Neste ritual, o N’Gol (Nigolo) ou danza da Cebra, dous mozos disputan a man de unha moza en casamento a través dun xogo con movementos inspirado nos animais. A partir do N’Gol, a Capoeira desenvolveu seus movementos propios, os cales están intrinsecamente relacionados á musicalidade e á filosofía na que se basea.

A capoeira tivo e continúa a ter, ao longo da historia, un papel moi importante na defensa da vida, da liberdade e dos valores, aspectos fundamentais na constitución da persoa humana.

Para seu potencial subversivo e creador, no inicio da república no Brasil, súa práctica foi considerada unha afronta. A Capoeira foi albo de persecucións, chegando a implicar castigos severos contra as persoas que a practicaban, como deportacións e castigos físicos aos chamados "capoeiristas", situación que se da nun contexto maior de represión aos cultos e rituais africanos. Tras ser retirada do Código Penal, comeza a difusión da capoeira que, en moitos casos, terminou por descaracterizala. Actualmente, a través dun movemento de retorno ás orixes e raíces da capoeira, seus mestres e mestras, así como profesorado instrutor, non só se dedican á práctica propiamente dita, mais tamén á preservación de seus elementos tradicionais, buscando a valorización dos aspectos da cultura africana.


Os mestres e mestras de Capoeira son unánimes en afirmar que a Capoeira Angola é sempre máis que calquera concepto que se poida dar a ela. É, por tanto, imposíbel restrinxídela a unha definición precisa. Mais metaforicamente, é válido colocar que a Capoeira Angola é un diálogo de corpos, no cal unha persoa pregunta e a outra responde a través do improvisar corporal pautado nos movementos básicos aprendidos. É así como ese diálogo se desenvolve.

Seu ritual se concreta na roda, na cal se mesturan elementos de loita, danza e xogo, todo iso envolto nun ambiente onde a musicalidade é rexente e orienta a actuación das e dos practicantes, pulsando o ritmo de seus movementos.

Inicio: Nosotros
Inicio: Eventos
DSC02390_edited.jpg

CONTACTA  CONNOSCO!

Casa Comunitária Aluandê

Rúa das Cancelas, 77, baixo. Santiago de Compostela, A Coruña,15703. España.

​Email: casacomunitariaaluande@gmail.com

Instagran: @capoeiraangolacompostela

Telefone:+34 622 289 410

Inicio: Contact

©2019 Grupo de Capoeira Angola Aluandê Santiago de Compostela

con financiamento

DepCor_horiz.png
bottom of page