Santiago de Compostela - Mestra Gegê
CONTRAMESTRA CRISTINA OLIVERA

Comeza Capoeira Angola na cidade de Buenos Aires, xunto ao Mestre Pedrinho de Caxias (1999 ). Un ano despois pasa a morar en Salvador da Bahia, Brasil, onde comeza a adestrar no Grupo de Capoeira Angola ZIMBA (Circo Picolino-Barrio Pituaçu e casa Vía Maxia), onde permanece por 13 anos, con Mestra Boca do Río.
En decembro de 2007 ela e Mestre Boca do Río viaxan a Porto Alegre, Buenos Aires e Uruguai, aterrando o día 25 de Decembro na España, onde pasan a residir na cidade de Santiago de Compostela (Galiza), iniciando a difusión de Capoeira Angola nese territorio.
A partir de 2008, crean a Asociación Deportiva Cultural de Capoeira Angola na cidade, activa até os días de hoxe. Esa parceria se finaliza en 2015 e a partir de 2016, a Asociación pasa a contar co liderado de Mestra Gegê (Brasil - Bahia -Valença ) en parceria con Cristina, quen no 2020 funda o espazo Casa Comunitaria Aluandê en Compostela. Un espazo autxestionado coordinado or un equipo socioeducativo que traballa de forma sinérxica coa Asociación Deportiva e Cultural Capoeira Angola na dinamización comunitaria en chave antirracista, afrocentrada e decolonial.
Na actualidade a Asociación é composta principalmente por persoas migrantes na cidade, realizando diversas actividades e difundindo a cultura afro-brasileira a través da Capoeira Angola, interatuando tamén con outros colectivos sociais, visibilizando diversas pautas interseccionais como a loita contra o racismo, os dereitos das comunidades migrantes e LGBTIA+, a igualdade de xénero e a diversidade cultural. Anualmente organízanse xornadas, obradoiros, cursos e distintas actividades xunto a outros axentes, que dan continuidade ás aprendizaxes, fundamentos e valores da Capoeira Angola.
En decembro de 2021 Cristina é recoñecida como Contra Mestra da Capoeira Angola pola súa Mestra Gegê Poggi.
É nai de unha filla e un follo e avoa da Loa. Acuariana, afroarxentina, filla de inmigrantes uruguaios e soteropolitana de corazón. Actualmente cursa estudos de padronagem industrial e deseño.
Nesta entrevista realizada para o programa de radio "Nosostras las personas" de Radio Pimienta (Tenerife - Canarias) podes coñecer en detalle a vida e a traxectoria da Contra Mestra Cris.
